Durante a fin de semana rexistráronse máis de 800 novas persoas curadas en Galicia
Desde onte á tarde non se produciron novas vítimas mortais en Galicia pola COVID-19, co que o total de falecementos ata a data é de 606. O Servizo Galego de Saúde confirmou que unha das defuncións rexistradas nas últimas horas foi a dun usuario de residencias, polo que o número total de falecementos vinculados a estes centros é de 270.
Segue descendendo a cifra de activos en Galicia. A Consellería informou de que esta fin de semana completou a revisión dos casos que foran diagnosticados e que a posteriori teñen unha PCR negativa. Así, segundo esta actualización, nas últimas 48 horas incorporáronse máis de 800 pacientes á cifra total de curados: A día de hoxe considérase que 9.155 persoas pasaron xa a enfermidade.
Hai polo tanto 1.199 casos activos en Galicia, e máis do 90% recupéranse nas súas casas. Hai 18 persoas na UCI, unha menos ca onte, e 94 en planta.
O Ministerio informou de 10 casos novos confirmados por PCR e que tres deles tiveron que ser hospitalizados.
Por áreas sanitarias Vigo continúa sendo a que máis casos suma?? seguida da Coruña. Ourense e Santiago foron as que maiores descensos experimentaron con respecto ás cifras de onte e Ferrol xa só rexistra 35 activos.