CRTVG

Buscar

Durán i Lleida cre que sería un erro buscar unha solución a Cataluña só entre a Generalitat e o Estado

Publicado o 22/11/2019 15:19

Da situación política falou na Coruña o histórico voceiro de Convergencia i Unió no Congreso, Josep Antoni Durán i Lleida. Dixo que a solución ao conflito catalán ten que pasar polo diálogo entre todas as forzas políticas. Durán i Lleida di que sería un erro limitalo a unha negociación entre o goberno da Generalitat e do Estado.

"Hai que implicar a maioría de forzas políticas empezando por Cataluña. Hai que chegar a un acordo entre os partidos cataláns e logo este acordo intentar concilialo coa maioría de forzas políticas españolas. Eu creo que sería un erro pactar a solución con media España, e dicir, con quen está gobernando, e deixar illada a oposición", asegurou.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/11/2019