CRTVG

Buscar

Duque garante o acceso de España a todas as vacinas que merque o Consorcio da UE

Publicado o 19/08/2020 17:21

España terá acceso a todas as vacinas contra o coronavirus que merque o Consorcio da Unión Europea. Así o confirmou o ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque, que asegurou que algunhas delas se empezarán a probar aquí dentro de pouco.

Pedro Duque, ministro de Ciencia e Innovación: "É o que garante que unha vez que sirvamos unha vacina ao público terá a eficacia e a seguridade necesaria. Teremos acceso a todas as vacinas que se aproben dentro do Consorcio Europeo, aínda que sexa en probas. Así iremos no mesmo barco que todos os cidadáns da Unión Europea".




 

Noticias web

19/08/2020