CRTVG

Buscar

Duplícase a afluencia de peregrinos nos diferentes camiños de Santiago

Publicado o 25/06/2019 23:02

Case 56.000 peregrinos pasaron polos camiños francés, norte, primitivo e de inverno nos cinco primeiros meses deste ano, é dicir, o dobre ca os rexistrados no mesmo período de 2018. A ruta francesa, que pasa por lugares como o Cebreiro ou Portomarín, segue a ser a opción maioritaria e foron case 49.000 os camiñantes que optaron por ela. 3.500 escolleron o camiño primitivo e 3.200 o norte mentres que só 382 decidiron facer a ruta de inverno, que pasa pola Ribeira Sacra. As horas de luz e as temperaturas moderadas fan que moitos peregrinos escollan estas semanas para chegar a Santiago.

O 75% dos peregrinos que pasaron ata agora son estranxeiros, principalmente de Alemaña, Italia e os Estados Unidos. Coa chegada do verán e das vacacións é cando comeza a aumentar o número de viaxeiros españois.

Noticias web

25/06/2019