Duplícanse os condutores que dan positivo por alcol ou drogas en Galicia
Publicado o 06/09/2021 19:17
Preto de 3.200 condutores deron positivo por alcol ou drogas durante este verán en Galicia. Son o dobre ca o ano pasado. É un dos datos máis preocupantes desta campaña de verán en Galicia.
Entre xullo e agosto houbo 10 vítimas mortais de accidentes de tráfico na nosa comunidade. A pesar de ser unha cifra dramática, son 7 vítimas menos ca nos dous últimos anos. Tamén baixaron case á metade os feridos graves en accidentes, que foron 45. A metade dos falecidos eran peóns ou motoristas.
Por provincias, A Coruña e Pontevedra foron as que rexistraron maior número de mortes. Lugo, pola contra, non contabilizou ningún falecido.