CRTVG

Buscar

'Duetos', o novo disco de Emilio Rúa

Publicado o 09/10/2018 19:16

Emilio Rúa, músico: "Eu creo que estamos aquí porque realmente o que vemos por detrás pois é realmente fermoso. Allariz eu creo que é un referente en Galicia, para todos nós, porque é unha vila realmente fermosa, moi ben conservada, moi ben restaurada e cun espírito moi galego tamén".

"Despois de tantos anos facendo cancións, pois unha persoa vinculada no mundo da música desde fóra, deume esta idea de facer un disco con duetos. Como me dícian, ao Van Morrison".

"A primeira persoa que me veu a cabeza foi Víctor Manuel, e de aí xurdiron todos os demais. Todos querían facelo en galego, o cal penso que para nós, os galegos e os que facemos música en galego, é moi loable. Que un artista como Pablo Milanés che diga que prefire cantar en galego. Víctor Manuel que prefira cantar en galego. Rozalén que prefira cantar en galego e así todos. Pois a min dame un subidon de orgullo total".

"Despois deste concerto de Santiago, pois, seguir coa presentación do disco. A idea é facer unha presentación bonita e arreglada, digamos en Madrid".

"Sempre pensei no meu pai porque para min, como puxen neste disco, plasmao, é o maior dueto que posiblemente teña deste disco. Sempre pensei nel, porque foi quen me regalou a música. El é un músico dos verdadeiros, dos de sempre. Entón, cada disco que facía, sempre pensaba no pai, pois ao final, con este disco, entre grandes artistas, está el. Eu creo que está no lugar, no disco onde tiña que estar".

"Non sei si é bo ou malo pero, para min, éo. Non tomo cousas con xeo nunca, desde hai moitísimos anos e, ben, intento abrigar a gorxa, cando durmo ás noites, sobre todo no inverno. Sempre adoito durmir coa garganta cun fular, un pano, para protexela. Penso que para min é un acerto facelo, porque comprobei que, moitas veces, cando durmo sin el, teño a garganta máis tocada".


 

Noticias web

09/10/2018