CRTVG

Buscar

Duelo entre candidatos ao ascenso na Rosaleda

Publicado o 24/02/2019 14:03

A Rosaleda acollerá esta tarde un duelo entre dous dos grandes aspirantes ao ascenso, un partido con sabor a primeira.

Borja Valle "Sabes que eses equipos son dos máis fortes da categoría, que a priori teñen que estar arriba, que é un partido bonito que todos queremos xogar, e que nun contexto global é un partido de primeira"

As traxectorias de Málaga e Deportivo son semellantes, ambos os dous equipos cederon 10 puntos nos seus campos nesta temporada. Fóra, o Dépor chega máis reforzado tras dúas vitorias consecutivas a domicilio e sabendo que se lle dan ben os equipos fortes da categoría.

Borja Valle "Somos un equipo que rendimos moi ben cos equipos de arriba. O Málaga é un equipo que o está facendo moi ben que tivo os seus tropezos na casa e fóra, polo tanto creo que é un partido igualado en todos os sentidos. O que gañe pois da outro golpe enriba da mesa para ser un serio candidato ao ascenso"

O Dépor é dos equipos que máis goles mete, o Málaga dos que menos encaixa.

Borja Valle "Que vai ser díficil? moi díficil. Que é un equipo que defende moi ben? eu creo que é o mellor da categoría á hora de defender. Que é un equipo que aproveita as túas debilidades e os teus erros? o mesmo. Sabendo iso temos que intentar facer un partido moi completo, sendo un equipo moi ordenado e a partir de aí gañar"

Gañar na Rosaleda reforzaría aos brancoazuis nunha etapa máis da carreira hacia o regreso á primeira división.

Noticias web

24/02/2019