CRTVG

Buscar

Duelo de necesidades no Almendralexo-Deportivo

Publicado o 15/11/2019 17:15

Di o central Somma que o Deportivo non é o peor equipo da categoría. Algo a demostrar en Almendralexo. No campo do Estremadura, que é o antepenúltimo. Na casa do coruñés Manuel Mosquera. Duelo de necesidades, de urxencias. De presión, aínda que no vestiario do Deportivo están convencidos de que a enfermidade ten unha cura.

Saír do pozo esixe máis ca boas palabras. Esixe triunfos, que ao Deportivo non chegan dende agosto. Os brancos e azuis buscan osíxeno á desesperada en Estremadura

Tras dous meses mancado, Somma volve. El e Bóveda formarán unha parella de centrais de emerxencia. As baixas non deixan outra saída

O Deportivo busca a primeira vitoria fóra. Tras cinco partidos no banco sen gañar, Luis César tamén.

Noticias web

15/11/2019