CRTVG

Buscar

Duelo de equipos históricos entre Río Breogán e Zaragoza

Publicado o 23/10/2021 14:29

Nomes históricos como José Manuel Cabezudo, Jimmy Allen, Manel Sáncjhez ou Claude Riley, Kenny Green, Joaquín Arcega ou Ruíz Lorente. Case 20 xogadores uniron o Breogán e mailo Zaragoza na súa traxectoria. Dúas cidades con enorme tradición baloncestística fronte a fronte.

A historia é historia e o presente traslada o Breogán á súa realidade competitiva. Pasados os fastos dos grandes, buscará na capital maña un triunfo de enorme valor.

Paco Olmos, adestrador do Río Breogán: "Estamos falando dun equipo feito con mentalidade, eu creo, que de loitar polos playoffs. E nunca esquezamos quen somos e a onde queremos chegar. Por iso, a nosa dificultade é máxima cada partido e por iso temos a idea de que cada partido é o último"

O Zaragoza vén de gañar en Europa pero en liga acumula catro derrotas seguidas, así que os de Ponsarnau teñen marcada con vermello a cita cos lucenses.

E se comezamos falando de traxectorias compartidas, non podemos obviar a José Luís Abós, inquilino dos dous bancos. Esta semana cumprírnse sete anos do seu pasamento. Dous dos seus equipos renderanlle esta tarde homenaxe.

 

Noticias web

23/10/2021