CRTVG

Buscar

Ducias de persoas reclaman en Vigo e na Coruña unha rede ferroviaria de proximidade que vertebre Galicia

Publicado o 22/10/2021 20:21

A Coordinadora Galega polo Tren Público convocou concentracións de protesta nas estacións de Guixar, en Vigo, e de San Cristovo, na Coruña, para esixir unha rede ferroviaria de proximidade que vertebre Galicia. Denuncian que, xunto con Estremadura, Galicia é a única comunidade sen ela. Propoñen investir menos no tren de Alta Velocidade, e crear nove liñas internas que conecten as principais cidades galegas de maneira eficiente e sostible.
 

Noticias web

22/10/2021