Ducias de persoas levan máis de 20 horas de festa nunha nave de Barcelona
Publicado o 01/01/2021 21:03

E na provincia de Barcelona, en Llinars del Vallés, máis de 200 persoas seguen reunidas nunha festa ilegal que dura xa vinte horas.
Celébrase nunha nave abandonada. Os Mossos d'Esquadra están controlando as inmediacións pero de momento non ven oportuno desaloxar a reunión. Os veciños da localidade denuncian que os asistentes á festa, moitos deles franceses, non cumpren coas medidas sanitarias anticovid. A intención que teñen, ao parecer, é seguir de festa ata o luns.