CRTVG

Buscar

Opositores a bombeiro en Vigo piden a repetir unha proba por "desproporcionada"

Publicado o 08/11/2018 20:17

Máis dun cento de alegacións ao exame teórico do proceso selectivo para cubrir dez prazas de bombeiro no Concello de Vigo. Presentáronas ducias de opositores e máis Comisións Obreiras e a CIG. Din que o exame, que se celebrou o domingo, foi un despropósito.

Os sindicatos engaden que a mostra de que o exame non era o axeitado é que dos 290 aspirantes so aprobaron 19. Por iso, piden a repetición da proba. O tribunal da oposición xa ten nas súas mans as alegacións. Agora teñen que decidir, no prazo dunha semana, se fan un novo exame teórico ou se seguen adiante co proceso selectivo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018