Dúas tenreiras mortas polos lobos en menos de dous meses nunha gandería de Agolada
Un axente ambiental acompañaba esta mañá a Berando para certificar os danos: os lobos volvéronlle atacar o gando, a segunda vez en menos de dous meses, e a escasos 50 metros da súa casa. Ao igual ca no mes de setembro, matáronlle unha tenreira de dez meses e deixaron sinais da súa voracidade. Berardo e a súa familia non escoitaron nada, enteráronse pola mañá.
Os danos do lobo son ben visibles, pero este gandeiro de Outeiro de Ramil, en Agolada, di que é peor aínda o mal que fai o xabaril, que deixa o seu gando sen pasto. Láiase de que entre o lobo e o xabaril non ten tregua.
Quéixase de que electrificar o peche das parcelas é inviable economicamente, e entende que deixar en mans dos cazadores a solución tampouco serve. Por iso pide que a Administración adopte medidas.
A presenza do lobo é xeneralizada en Galicia. Calcúlase que hai polo menos 60 mandas deles ao longo do territorio, e que matan cada ano unhas 2.400 reses.