CRTVG

Buscar

Dúas sentenzas obrigan a devolver as cláusulas de chan en Vigo

Publicado o 11/01/2017 21:07

Unha parella que tiña un crédito en Targobank recuperará 15.000 euros, e outra que tiña unha hipoteca no Banco Pastor recuperará 20.000 euros

Precipítanse as sentenzas xudiciais sobre a anulación das cláusulas de chan nas hipotecas.

Os dous últimos casos producíronse en Vigo. Un matrimonio que contratara o seu crédito nesta oficina de Targobank recuperará os 15.000 euros que pagou de máis pola aplicación dese tope. Os xuíces tamén ordenaron a devolución de 20.000 euros a outra parella que tiña unha hipoteca no Banco Pastor. A sentenza declara nulas as dúas cláusulas de chan desde o momento da sinatura do préstamo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2017