CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Dúas sentenzas en Galicia condenan aos bancos a devolver o importe das cláusulas chan

Publicado o 11/01/2017 14:46
Mentres, os xulgados galegos seguen ditando sentenzas conforme o ditame europeo. As últimas afectan dúas parellas viguesas. Os bancos teranlles que devolver o pagado de máis desde o momento da sinatura da hipoteca e non desde o 2013 como ocorría ata agora.

Anxeles e o seu home asinaron unha hipoteca con este banco de Vigo en 2006. Cando se decataron de que tiña cláusula solo quixeron negociar co banco pero o director da entidade non lles fixo caso. Daquela pensaban recuperar o pagado de máis desde 2013.Agora trala sentenza do Tribunal Europeo de Xustiza van recuperar todo o pagado de máis, preto de 15.000 euros


Non é a única sentenza destes días en Vigo o Xulgado do Mercantil 3 ditou outra sentenza contra o Banco Pastor que o obriga a devolver a outro matrimonio preto de 20.000 euros. En ámbolos casos os bancos poden recurrir xa que as sentenzas non son firmes.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí