CRTVG

Buscar

A rúa Urzáiz de Vigo e a de Barcelona da Coruña, entre as máis rendibles de Europa

Publicado o 06/08/2019 14:11

A viguesa de Urzáiz ofrece unha imaxe de abarrotamento ao longo de todo o ano. Demostra que é unha das máis concorridas da cidade. Calcúlase que máis de 8.000 peóns transitan ao día por esta vía. Son clientes potenciais, por iso, aínda que o custo medio do metro cadrado nesta zona é elevado, a alta afluencia de xente é un aval para os comerciantes que a converten non só na rúa máis rendible de Vigo, senón tamén nunha das dez primeiras de Europa.

Ademais de Urzáiz, na listaxe de rúas máis rendibles de Europa para abrir un comercio tamén entra, por primeira vez, a de Barcelona, na Coruña, pola que transitan máis de 6.000 persoas ao día.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019