CRTVG

Buscar

Dúas persoas quedan feridas nun accidente múltiple no concello ourensán de Taboadela

Publicado o 23/10/2019 14:30

O sinistro tivo lugar a primeira hora da mañá na nacional 525, preto do polígono industrial de San Cibrao das Viñas. Na colisión víronse implicados tres vehículos, un deles unha furgoneta de repartición. Foi precisa a intervención dos bombeiros do polígono. Tamén dos sanitarios, que trasladaron os feridos ata o complexo hospitalario ourensán. En principio non revisten gravidade.

O accidente obrigou a cortar un carril da nacional, en dirección a Ourense, á altura do Mesón do Vento, mentres non retiraron da estrada os coches.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/10/2019