CRTVG

Buscar

Dúas persoas mortas na localidade albaceteña de Caudete polas riadas

Publicado o 12/09/2019 17:23

O episodio de gota fría que golpea o sueste da península puxo en alerta vermella a Alacante, Almería, Valencia e Murcia. Este mediodía confirmouse a morte de dúas persoas en Albacete. Estaban no interior dun vehículo que envorcou nunha zona innacesible pola acumulación de auga.

Horas dramáticas no sur de Valencia despois de que a chuvia torrencial provocase o rebordamento de varios ríos.

Na localidade de Moixent a forza da auga levou por diante numerosos vehículos, pero a policía local informou de que non había neles ocupante ningún.

Situación moi complicada tamén en Ontinyent. O rebordardamento do río Clariano obrigou a evacuar uns trinta veciños.

Ata as dez da mañá caeran aquí preto de 280 litros por metro cadrado en 24 horas.

Segundo a axencia estatal de meteoroloxía nunca chovera tanto neste municipio desde 1917.

Ademais de Valencia, hai alerta vermella en Almería, Alacante e Murcia.

A Garda Civil informou este mediodía da morte de dúas persoas que estaban no interior dun coche que envorcou na localidade de Caudete. nuha zona innacesible pola acumulación de auga.

A gota fría entrou esta noite noite pasada na súa fase máis perigosa e está previsto que se prolongue ata o mediodía de mañá.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí