CRTVG

Buscar

Consternación en Ribeira pola morte dunha parella nun accidente de tráfico brutal

Publicado o 05/05/2019 12:06

Os concellos da Pobra e Ribeira espertaron consternados polo falecemento dunha parella, logo dun accidente rexistrado na xornada do sábado na estrada nacional AC-305 á altura de Palmeira. As dúas persoas morrían despois dun impacto frontal con outro coche.

Os corpos da moza ribeirense de 28 anos e do mozo de 29 anos, natural do Caramiñal, tiveron que ser excarcerados, polos bombeiros, do Seat León no que viaxaban. O sinistro rexistrouse ao redor das sete menos cuarto da tarde, á saída dunha curva, e foi contra un BMW no que ía unha muller de Ribeira, de 45 anos, que tivo que ser trasladada en helicóptero ao hospital Clínico de Santiago, ferida de gravidade, pero consciente. 

Os axentes da Garda Civil investigan quen foi o que invadiu o carril contrario porque o impacto foi tan forte que se descoñece a primeira vista o punto exacto da colisión.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/05/2019