CRTVG

Buscar

Dúas persoas morreron ao estrelarse en Toledo a avioneta en que viaxaban

Publicado o 07/02/2021 19:41

Dúas persoas morreron en Toledo ao estrelarse a avioneta en que viaxaban. As vítimas son un home de 65 anos e unha muller de 23.

Arredor do mediodía unha testemuña daba aviso do accidente ao servizo de emerxencias. Sospéitase que o sinistro puido producirse durante as manobras de engalaxe ou aterraxe, porque o aparello caeu nunha leira contigua ao aeródromo de Algodor.

Os equipos sanitarios confirmaron que os dous falecidos eran os únicos ocupantes da avioneta.
Ao lugar desprazouse un helicóptero medicalizado e tamén axentes da Policía Nacional, da Garda Civil e os bombeiros.


 

Noticias web

07/02/2021