CRTVG

Buscar

Dúas persoas intoxicadas en Vigo a causa da mala combustión dunha estufa de gas

Publicado o 06/02/2020 14:21

Dúas persoas foron hospitalizadas en Vigo tras unha intoxicación por monóxido de carbono. Ocorreu na rúa Numancia.

Segundo os bombeiros, unha estufa de gas prendida durante un longo período de tempo sen a suficiente aireación, puido consumir o osíxeno no interior do inmoble, e provocar a indisposición dun home e dunha muller de 60 e 40 anos.

Os afectados foron trasladados ao Hospital Povisa de Vigo. O home mesmo quedou medio inconsciente. Os bombeiros comprobaron o alto nivel de monóxido na vivenda e procederon á súa ventilación.


 

Noticias web

06/02/2020