CRTVG

Buscar

Dúas persoas feridas nun accidente de tráfico en Vimianzo

Publicado o 11/09/2019 09:42
Dúas persoas feridas nun accidente de tráfico en Vimianzo

Dúas persoas quedaron feridas á primeira hora nun accidente de tráfico que tivo lugar no municipio coruñés de Vimianzo. O suceso ocorreu sobre as 6,30 horas á altura do quilómetro 7,4 da AC-432, ao seu paso por Vimianzo, onde chocaron dous turismos.   

Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Cee e de Protección Civil da localidade. Así mesmo, solicitouse a colaboración dos axentes de Tráfico e do persoal de mantemento da estrada. 

Os bombeiros tiveron que intervir para liberar un dos condutores, que quedara atrapado no vehículo. Ambos feridos foron trasladados ao hospital.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí