CRTVG

Buscar

Dúas ovellas mortas nun posible ataque do lobo en Sandiás

Publicado o 06/09/2021 14:31

De madrugada escoitaron a cadela ladrar, pero non imaxinaron que podía ser un ataque ás ovellas. Cando se ergueron viron o desastre, dúas estaban mortas e mordidas. Ocorreu no concello ourensán de Sandiás. Desgustados pola perda, din que non saben se foi o lobo o que as atacou ou outro animal.

Teñen un pequeno rabaño de sete ovellas para o autoconsumo e din que están aseguradas, pero agora ven como o resto quedaron moi asustadas.

En seis anos din que nunca tiveran un ataque así. Na zona, outros gandeiros xa teñen sufrido ataques de lobo e mesmo a Garda Civil lles confirmou que os ten visto cerca. Pero foi de noite e non puideron facer nada.

Noticias web

06/09/2021