CRTVG

Buscar

O tren entre Vigo e A Coruña recupera desde este luns dúas frecuencias diarias

Publicado o 07/06/2021 12:51
O tren entre Vigo e A Coruña recupera desde este luns dúas frecuencias diarias

Co aumento da vacinación en Galicia, tamén aumentou a mobilidade, por iso Renfe amplía desde este luns as frecuencias de trens entre A Coruña e Vigo. Desde a tarde funciona unha nova frecuencia, con saída da Coruña ás dúas menos cuarto e chegada á estación de Urzáiz, en Vigo, sobre as tres e cuarto.

Pola noite tamén se porá en acción un tren que sairá de Vigo ás nove e trinta e cinco minutos, con chegada ás once e sete minutos á Coruña.

Deste xeito serán dezaoito as viaxes programadas entre as dúas cidades galegas. Haberá que agardar ao luns próximo para ver tamén unha nova frecuencia entre Vigo e Madrid a través de Santiago, pero sen parar nin na capital de Galicia, nin en Vilagarcía de Arousa.

Noticias web

07/06/2021