CRTVG

Buscar

Dúas mulleres e Urkullu encabezan as listas electorais do PNV

Publicado o 07/03/2020 14:54

O partido favorito para gañar as eleccións en Euskadi, o PNV, presentou hoxe as súas candidaturas cunha novidade relevante: dúas mulleres encabezarán as listas, acompañando a Iñigo Urkullu, nas tres provincias vascas.

O PNV amosou a confianza en gobernar outra lexislatura tras monopolizar o poder durante 36 anos dos últimos corenta no País Vasco. O candidato a repetir como lehendakari, Iñigo Urkullu, encabezará a lista por Áraba e dúas mulleres irán de número un por Biscaia e Guipúscoa, as provincias máis poboadas.

Urkullu apostou por seguir "construíndo a Euskadi real" desde a pluralidade e a vontade de acordo: "Amamos este país como é, coa súa pluralidade e a súa diversidade. Isto implica estar dispostos a chegar a acordos. Outros pretenden construír este país en solitario ou poñendo vetos aos demais ou entendendo a política como un permanente enfrontamento. Constrúen así castelos no aire".

 

 

Noticias web

07/03/2020