Dúas mulleres dirixirán por primeira vez a Comisión Europea e o Banco Central
• Borrell será o responsable da política exterior comunitaria e o primeiro ministro belga, Charles Michel, liderará o Consello Europeo
A ministra de Defensa alemana, Ursula von der Leyen, será a substituta de Juncker á fronte do goberno da Unión Europea. A nova presidenta da comisión será muller, como tamén a presidenta do BCE, unha vella coñecida, Christine Lagarde. Finalmente, os populares manteñen os principais cargos institucionais. Os esforzos negociadores de Sánchez para lograr unha remuda nas cúpulas conseguen, iso si, que Josep Borrell vaia ser o responsable da política exterior comunitaria.
O ministro de Asuntos Exteriores en funcións, Josep Borrell, será o próximo xefe da diplomacia europea e substituirá así á italiana Federica Mogherini no cargo, en virtude do acordo selado entre os xefes de Estado e de Goberno dos Vinte e oito para a renovación dos altos cargos da UE. Borrell tamén será vicepresidente da Comisión Europea, cargo que compaxina o Alto Representante de Política Exterior e de Seguridade Común da UE desde finais de 2009 tras a entrada en vigor do Tratado de Lisboa. O obxectivo era reforzar a coherencia e coordinación entre as diferentes carteiras no Executivo comunitario que gardan relación cos Asuntos Exteriores, entre eles Desenvolvemento e a Política de Veciñanza.
O xefe da diplomacia española sempre soou como un candidato natural para o posto de Alto Representante polo seu cargo actual e o seu coñecemento sobre Europa. Borrell foi presidente do Parlamento Europeo entre xullo de 2004 e xaneiro de 2007. Impúxose ao actual vicepresidente da Comisión, o eslovaco Maros Sefcovic. Será o segundo español que ocupe o cargo de xefe da diplomacia española tras Javier Solana, que foi o primeiro Alto Representante de Política Exterior e de Seguridade Común da UE durante dez anos, entre outubro de 1999 e novembro de 2009.
Á espera de que esta mañá o Parlamento elixa presidente ou presidenta, de momento, dúas mulleres e dous homes ocuparán os catro cargos máis desexados do Executivo comunitario. Unha repartición que custou máis de trinta horas de negociacións e que non logrou o aumento de poder que pretendían os socialdemócratas. A presidencia do executivo comunitario, seguirá en mans do Partido Popular. Iso provocou xa as queixas dos socialistas na Eurocámara. O Parlamento Europeo ten que validar estes nomeamentos en quince días.A conservadora alemá Von der Leyen, elexida para a presidencia da Comisión Europea
A actual ministra de Defensa alemá, a conservadora Ursula von der Leyen, foi elexida este martes futura presidenta da Comisión Europea, o máis codiciado dos cargos cuxaa repartición se negociaba no cumio europe desde o domingo. O belga Charles Michel, elixido presidente do Consello Europeo
O primer ministro belga en funcións, o liberal Charles Michel, foi elixido este martes presidente do Consello Europeo. Propoñen a Lagarde como presidenta del BCE
Os líderes da Unión Europea propuxeron a directora xerente do Fondo Monetario Internacional (FMI), Christine Lagarde, como candidata a presidir o Banco Central Europeo (BCE).