Dúas mulleres foron atendidas despois dun incendio nunha vivenda en Sevilla
Publicado o 17/04/2019 13:57
Dúas mulleres tiveron que ser atendidas despois do incendio rexistrado na súa vivenda da localidade sevillana de Bormujos.
Ata a chegada dos servizos de rescate, as dúas mulleres foron auxiliadas por un veciño que gabeou pola fachada do inmoble para chegar ata elas.
O lume iniciouse nun sofá do salón.