CRTVG

Buscar

Asasinato machista en Alnazcóllar, Sevilla

Publicado o 26/02/2020 20:51

Un home de 51 anos matou a súa muller cunha escopeta en Aznalcóllar, Sevilla, e despois suicidiouse coa mesma arma. Antes chamou unha filla de 15 anos que vive en Valencia para anunciarlle o que pensaba facer.

Juan José Fernández, alcalde de Aznalcóllar: "O neno de catro anos presenciouno todo, un dos familiares que chegaron marchou con el correndo e levouno con outro familiar".

O agresor tiña licenza de armas porque era cazador. Os tres fillos da parella están recibindo asistencia psicolóxica. O Concello decretou dous días de loito e convocou concentracións para condenar o crime. Tanto neste caso coma no de Fuenlabrada, non constan denuncias previas por malos tratos.

Juan José Fernández, alcalde de Aznalcóllar. "Fago un chamamento a todas aquelas persoas ás cales lles estea pasando isto que por favor denuncien, busquen a forma máis próxima, falen coa persoa a que poidan chegar, que ao final isto o denunciemos entre todos".

En menos de 24 horas producíronse dous asasinatos machistas.

Noticias web

26/02/2020