CRTVG

Buscar

Dúas mozas foron rescatadas dun toldo cando asistían a unha festa ilegal en Santiago

Publicado o 01/06/2021 15:19

En Santiago, unha festa nun piso de estudantes acabou cos bombeiros rescatando unhas mozas dunha altura duns tres metros e coa máis que probable multa a todos os participantes. 

Os bombeiros de Santiago tiveron que intervir pasadas as dúas da mañá para axudar dúas mozas a baixar dun toldo duns tres metros de altura. Foron os veciños quen chamaron a Policía Local polo ruído dunha festa que ao parecer se estaba celebrando no piso superior. Cando chegaron os axentes non lles abriu ninguén a porta, pero toparon coas dúas mozas no alto do toldo. Finalmente, os bombeiros tiveron que usar unha escada para que baixaran.

Agora a policía trata de identificar todos os participantes na festa, que probablemente terán que afrontar unha sanción, porque estaban máis de seis persoas, despois da unha da mañá e non conviventes. Tamén terán que facerse cargo dos gastos dos bombeiros.

Noticias web

01/06/2021