Dúas mozas, graves nun accidente en Cesantes por un probable cambio de sentido con liña continua
Publicado o 25/06/2021 14:39

Dous vehículos bateron lateralmente no quilómetro 139 da N-150 á altura de Cesantes este mediodía. Hai tres feridos graves: as dúas mulleres que circulaban no Renault Megane e o home que bateu con elas lateralmente.
Segundo as primeiras hipóteses, o sinistro puido deberse a un cambio de sentido en liña continua do coche en que ían as mozas. O movemento sorprendeu o condutor do outro vehículo, duns 50 anos, que acabou tirado nunha leira próxima.