CRTVG

Buscar

Dúas 'masterclass' coa excelencia do bailarín Julio Bocca na Coruña

Publicado o 14/05/2021 18:20

Tratouse da primeira das clases que impartirán consagradas figuras da danza dentro do ciclo, Mar en Danza, dirixidas a alumnos da Escola de Danza da Deputación da Coruña, que conmemora 30 anos desde a súa creación. Tiveron lugar na sede da propia escola a primeira e no Teatro Colón a segunda que, no último tramo estaba aberta ao público. Con el conversamos da súa traxectoria profesional que comezou con 14 anos e rematou aos 40, cunha xira que iniciou en Coruña, co espectáculo 'Adios hermano cruel'

Noticias web

14/05/2021