CRTVG

Buscar

Discrepancias con dúas listas en Ourense para o próximo congreso do PSOE

Publicado o 11/09/2021 13:45

Na páxina política galega, no PSdeG agroman novas mostras de discrepancias na provincia de Ourense. A exdeputada Noela Blanco presentou ante a comisión de ética do PSdeG o número máximo de avais permitidos para seguir adiante no proceso de elección de delegados para o congreso que o partido vai celebrar dentro dunhas semanas.

Presentou 82 avais e mantén, deste xeito, o pulso coa dirección galega e provincial. Haberá, por tanto, dúas listas. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero non quixo entrar en polémicas e seguía chamando á integración e á unidade.

 

 

 

Noticias web

11/09/2021