CRTVG

Buscar

Dúas librarías da Provincia de Pontevedra celebran 50 anos como negocio familiar

Publicado o 10/11/2017 22:00

Máis de 1.300 librarías de toda España celebraron hoxe o seu día. Esta tarde nós visitamos dúas, unha en Pontevedra e outra en Vigo, que neste 2017 celebran cincuenta anos de existencia e seguen conservando o seu carácter de negocio familiar.

O club de lectura da libraría Paz, en Pontevedra, reúnese dúas veces ao mes.

Precisamente, unha desas actividades, o 'Vermú entre libros' foi premiada como iniciativa cultural do ano na Gala do Libro Galego. Cando no verán de 1967, Paz abríu as súas portas fíxoo como unha papelaría cun pequeno espazo de lectura. Hoxe é un motor de vida cultural.

No mesmo ano, fundouse Librouro en Vigo. En plena dictadura, había poucos libros dispoñibles e algúns libreiros tentaban facerse con obras prohibidas. 

En tempos recentes, Paz converteuse nunha referencia en Galicia en banda deseñada, un ámbito antes descoñecido que agora seduce a xeracións cada vez máis novas.

Na rebotica de Librouro facían tertulia Blanco Amor e Urbano Lugrís; no faiado de Paz aínda pairan o recordo de Narf e a forza de Nélida Piñón. Historias de medio século de libros e de vida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/11/2017