Dúas irmás fanse cargo da repatriación da muller asasinada en Foz
Publicado o 13/11/2019 14:10
Dúas irmás da muller presuntamente asasinada polo seu fillo en Foz xa están na vila mariñá para facerse cargo da repatriación do seu corpo.
A comunidade brasileira instalada na Mariña está a facer unha recadación para poder sufragar os gastos do traslado do cadáver ao Brasil. Na conta solidaria xa hai máis de 2.500 euros, pero necesitan 13.000.