Dúas horas para liberar un camión atrapado nunha pista do Grove
Publicado o 27/09/2019 13:24
Dúas horas tardou un camioneiro en saír dunha estreita pista do Grove, unha pista que vai á aldea de Meloxo, chea de curvas e dunha anchura duns catro metros. O camioneiro quería dirixirse ao porto pero acabou metido aquí por facerlle caso ao GPS.
Tras dúas horas de manobras, e coa axuda da Policía Local e dun guindastre dunha empresa de escavacións, conseguiu volver á estrada principal.