CRTVG

Buscar

Entregan no Congreso 266.000 sinaturas para que se despenalice a eutanasia

Publicado o 11/02/2019 20:30

Dúas familias entregaron hoxe no Congreso 266.000 sinaturas para pedir que se despenalice a eutanasia e o suicidio médico asistido. Os responsables da iniciativa estiveron apoiados por membros de diversas asociacións a favor dunha morte digna e tamén por representantes do PSOE, BNG, Podemos e Esquerda Unida, entre outros. Consideran que a lei vixente atenta de xeito absoluto contra os dereitos humanos. Piden que non se dilate máis a aprobación da nova lei, actualmente en estado de tramitación de emendas na cámara baixa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019