CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Dúas estudantes finlandesas de albanelería realizan prácticas en Lugo

Publicado o 13/11/2017 21:08

Dúas mozas finlandesas viñeron facer prácticas de albanelería a Lugo a través dun programa Erasmus de Formación Profesional. Segundo sinalan, o seu interese vén de querer aprender formas de construír diferentes ás do seu país, ademais de coñeceren outra xente e outra cultura.

Estas dúas estudantes de FP, Jonna e Liisa, viñeron de Seinajoki, en Finlandia, para realizar prácticas de albanelería en Lugo. Durante a súa estadía, están a colaborar na construción dun museo no instituto máis antigo de Galicia, o IES Lucus Augusti.

Jonna e Lisa valoran tamén o feito de poderen coñecer outra cultura no tempo que botan no noso país. Din que o que máis lles está a gustar é o carácter aberto da xente e mais o tempo cálido en comparación co de Finlandia.

En quince días rematarán as súas prácticas, aínda que non desbotan continuar a aprender noutros países.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

13/11/2017