CRTVG

Buscar

Dúas empresas galegas, no South Summit, a maior feira europea de 'startups'

Publicado o 05/10/2018 08:56

South Summit é a maior feira europea dedicada ás 'startups'. A finalidade deste evento é que os emprendedores atopen investidores para os seus proxectos. Dúas empresas galegas foron seleccionadas para participar na edición deste ano.

A actividade do South Summit é frénetica. Os emprendedores chegan aquí coa axenda completa. Reunións cada quince minutos para presentar os seus proxectos a posibles investidores.

Situm, creadora dunha especie de GPS para interiores, é xa unha veterana en South Summit. Trátase dunha empresa establecida no seu sector. Aquí, basicamente, busca aumentar a sua carteira de clientes.

Alén Space é a outra empresa galega. Comercializa nanosatélites e solucións vinculadas coa tecnoloxía aeroespacial. Busca investimento cun valor dun millón e medio de euros.

As compañias finalistas doutras edicións, como estas dúas galegas, xa conseguiron máis de 1.700 millóns de dólares en distintas roldas de financiamento.

Noticias web

05/10/2018