CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Dúas emprendedoras crean unha tenda en liña para bebés

Publicado o 20/10/2012 21:26

Emprender en tempos de crise da man das novas tecnoloxías. É a aposta de dúas mozas galegas que acaban de abrir unha tenda on line de produtos para bebés. Todo o que venden na internet ten un deseño exclusivo e pode chegar a calquera punto de España en menos de 24 horas

María e Rosa son dúas mozas galegas que decidiron plantarlle cara á crise. Primeiro atoparon un oco no mercado Con ilusión, espírito emprendedor e da man das novas tecnoloxías crearon "Non chores patito". Unha tenda on line na que venden todo tipo de produtos para os máis pequenos da casa.

Un establecemento virtual que aposta por deseños exclusivos con materia prima propia e natural.

Aseguran que a sua web mesmo cheira a bebé e defenden a seguridade e a rapidez de facer compras a través dela. Nesta tenda on line hai artigos adaptados a tódolos petos.

En menos de 24 horas poden chegar a calquera punto de España e mesmo de Europa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí