CRTVG

Buscar

Dúas bombas causan 27 falecidos e oitenta feridos nunha igrexa ao sur de Filipinas

Publicado o 27/01/2019 14:32

A maioria das vitimas son civís que acudían á misa. Foi no recinto relixioso da cidade de Jolo. A primeira explosión producíase no interior da catedral e a segunda na súa contorna. As autoridades do país reforzaron a seguridade en todos os lugares de culto da zona. E puxeron en marcha unha operación para perseguir os supostos responsables do ataque, que ata o momento non foi asumido por ninguén. O atentado prodúcese so días despois da celebración dun referendo encamiñado a lograr a paz na rexión.
 

Noticias web

27/01/2019