CRTVG

Buscar

Dúas aguias espantan unha colonia de 30.000 estorniños de Ourense

Publicado o 20/09/2019 14:10

Estas dúas aguias Harris son as encargadas de espantar a poboación de estorniños que invade o centro de Ourense. O Concello de Ourense contratou este servizo para controlar a súa presenza, sobre todo na zona do pavillón dos Remedios.

Os veciños que pasaban a diario por esta zona do centro de Ourense levaban tempo protestando polas molestias que ocasinaban estes paxaros. E a medida para o seu control que comezou esta semana está a dar bo resultado.

As aves de rapina están conseguindo que os estorniños se trasladen a outras zonas da cidade, como o campus, onde xa están comezando a notar a súa presenza. A idea é conseguir que se trasladen a zonas onde non causen molestias.

Noticias web

20/09/2019