CRTVG

Buscar

Drons de vixilancia controlan as bateas da ría de Arousa para evitar roubos

Publicado o 14/04/2021 21:29

Das arredor de 3.300 bateas que hai en Galicia, preto da metade están aquí, na máis grande das súas rías. Dende a organización de produtores de mexillón galega decidiron que era tempo de parar os continuos roubos de cordas e de cría que padecían nas bateas e optaron pola utilización de drons para vixiar dende o aire e non so dende o mar.

"É un proxecto píloto para a ría de Arousa que non descartamos amplialo ao resto das rías de Galicia, debe andar polas 800 bateas".

Xa vixían case unha cuarta parte das bateas de toda Galicia con ata 10 drons de diferentes características.

"Drons pequenos coma este con cámaras de visión nocturna, outros máis grandes e algún incluso que pode voar con vento por riba dos 50 km/h, novas tecnoloxías coas que os bateeiros de Arousa queren controlar mellor a vaga de roubos que veñen sufrindo nos últimos tempos".

Polo momento, este programa pioneiro está a resultar un éxito xa que os roubos cesaron. Ademais, as posibilidades que ofrecen estes artefactos voadores van máis alá da vixilancia. Dispoñen dun dron acúatico que tamén os axuda a detectar problemas estruturais nas bateas ou nos cascos dos barcos.

Noticias web

14/04/2021