Drogado e a 141 km/h nun treito limitado a 50
Publicado o 17/02/2021 13:59

En Vigo, a Garda Civil interceptou estes días un deses condutores que dificilmente poden sumar máis infraccións. Escapou dun control de mobilidade e na súa fuxida pasou a 141 quilómetros por hora por un treito limitado a 50.
Cando lograron paralo, os axentes comprobaron que ía acompañado doutra persoa coa que non convive e ningún levaba posta a máscara. Veciño de Ponteareas, o condutor saltara por suposto o peche perimetral. Pero hai máis. Deu positivo no test de drogas e o seu vehículo carecía de seguro e non pasara a ITV.