CRTVG

Buscar

Doutor Logaritmo: "O fin dun Doutor Sorriso é a humanización do ámbito hospitalario"

Publicado o 06/11/2019 11:24

As estancias nos hospitais non adoitan ser moi entretidas, por empregar un adxectivo, pero hai unha fundación que se encarga de facelas o máis agradables posibles, sobre todo para os máis pequenos. Falamos da fundación Theodora e os seus doutores Sorriso. 

"Cando escollemos un nome, escollemos un nome con rima: Doutor Logaritmo, que ademais rima con ritmo".

"Fai 20 anos que estamos aquí en España. Temos unha función terapéutica e outra artística".

"Un Doutor Sorriso é un artista para levar ilusión ao nenos e nenas hospitalizados".

"O que máis se coñece é o programa planta, ir de cuarto en cuarto. Pero tamén temos o acompañamento cirúrxico, tanto antes como despois da intervención. Tamén acompañamos os discapacitados".

"Os doutores programas as intervencións en función das visitas dos doutores Sorriso. Que o neno enre relaxado en quirófano, inclúe moito".

"O noso fin é a humanización do ámbito hospitalario".

"Temos quer ser artistas con capacidade para xestionar o fracaso, con gran capacidade de xestión da emoción. Hai unha ano de formación para o protocolo hixiénico-sanitario".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2019