CRTVG

Buscar

200 profesionais e estudantes de Odontoloxía participan no 5º congreso de AGFO

Publicado o 17/11/2018 23:32

Como tratar as infeccións das enxivas ou a importancia da colocación dos implantes foron algúns dos asuntos que se analizaron no quinto Congreso da Asociación galega de formación odontolóxica. Douscentos profesionais e estudantes de Odontoloxía formaron parte da xornada en Compostela.

Douscentos profesionais da odontoloxía participaron no quinto congreso da Asociación galega de formación odotolóxica, unha entidade que pretende ofrecer unha formación de calidade e accesible para os profesionais desta rama,sen que teñan que desplazarse a outras comunidades autónomas.

A xornada estivo tamén aberta aos estudantes da Universidade de Santiago que se están preparando nesta materia. Un dos grandes temas tratados na xornada foi a periodontitis, que en España teñen un de cada tres pacientes con implantes e da importancia non só do papel do profesional, senón do paciente tamén. 

A xornada desenvolveuse na Universidade de Medicina en Santiago.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/11/2018