CRTVG

Buscar

Douscentos pasaxeiros atascados en Alvedro acusan a Vueling de estragar os seus plans

Publicado o 13/07/2019 16:42

Nalgúns casos erguéronse ás tres para tomar o avión que as sete da mañá debía levalos de Alvedro ata Barcelona. Pero despois de facturar recibiron a noticia de que o seu voo ía retrasarse catro horas por falta de tripulación. Porén, a mediodía aínda non despegaran. 

Os pasaxeiros explicaban que lles avisaron cando xa tiñan as maletas facturadas, e que non lles deron máis información. Un pasaxeiro amo o SMS coloquial que lle enviou Vueling, que lle parece un despropósito e acusa á compañía de tratar aos clientes como años.

Tralo primeiro aviso de atraso, a compañía Vueling emprazounos para embarcar ao mediodía. Pero xa dentro do avión, a tripulación advertiulles que tiñan que agardar cando menos unha hora máis por problemas de tráfico aéreo. As horas de tardanza aumentaban na mesma proporción que o malestar dos pasaxeiros polos prexuizos causados. En twitter o actor galego Milo Taboada chiaba indignado como un dos douscentos afectados que viron estragar os seus plans.

Os pasaxeiros atascados no aeroporto dende as cinco da mañá, sen poder durmir Un grupo deles perdendo un día do festival en Croacia polo que pagaron 200 euros. Outra pasaxeira conta que se perde o enlace a Menorca, quedan sen o alugueiro do coche e a noite do hotel. 

Con nove destinos diferentes, Vueling é a compañía que máis opera en Alvedro.

 

 

Noticias web

13/07/2019