CRTVG

Buscar

Douscentos mil nenos galegos volven ás aulas entre hoxe e mañá

Publicado o 10/09/2020 08:41

Inicio do curso 2020-2021, por cualificalo dalgún xeito, estraño. Primeiro, por todos os cambios obrigados pola pandemia, pero tamén pola folga convocada para hoxe mesmo no ensino. Na conta atrás para que abran os colexios, puidemos coñecer as últimas novidades dirixidas, sobre todo, ás etapas superiores. O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, abre a porta a un ensino semipresencial no bacharelato e en FP.

Recomendan trasladar unha mensaxe positiva aos pequenos na volta ás aulas

A escalada do comezo de curso é enfrontada por algúns sen lastre e co ánimo positivo. Porén para outros é máis custoso.

Con todo, o regreso á rutina escolar logo de tanto tempo na casa, lonxe das aulas, sen mestres nin disciplina académica, é para nais e pais, se cadra, un alivio...

Dous cursos de infantil e os primeiros de primaria comezan este xoves un curso atípico, totalmente distinto polas esixentes medidas de hixiene que hai que tomar: máscara, xel desinfectante, distanciamento, son cousas ás que cómpre adaptarse con naturalidade.

Este curso suporá unha aprendizaxe para todos, sobre todo no eido emocional.

O balbordo que ata agora se vive nos parques trasladarase aos colexios, co ánimo de vivir xa na nova normalidade.