CRTVG

Buscar

Dous veleiros clásicos saen de Vigo para realizar o Camiño por mar

Publicado o 26/08/2019 14:52

Un total de 24 persoas prepáranse para embarcar nestes dous veleiros clásicos. Ambos os dous forman parte dun proxecto impulsado pola Xunta para vivir o Camiño de Santiago dende as nosas rías.

Vai dirixido a peregrinos e público en xeral. As etapas poden ser dun día dende Vigo ata Vilagarcía de Arousa ou de un. Dez horas de navegación onde se pretende difundir a cultura, gastronomía e historia de Galicia a través do xacobeo.

O obxectivo é que moitos dos interesados poidan facer unha parte do camiño sur en barco dende Vigo ata Vilagarcía e unha vez alí seguir a pé ata Santiago.

Este luns toca viaxe dun día ás Cíes, pero as saídas seguirán durante todo o mes de setembro para promover e dinamizar o futuro ano xacobeo 2021.

Noticias web

26/08/2019