CRTVG

Buscar

As autoridades de Xeorxia e Alabama seguen buscando desaparecidos tras os tornados

Publicado o 04/03/2019 13:17

As autoridades de Xeorxia e Alabama, nos EUA, seguen buscando persoas desaparecidas tras os tornados que se sucederon toda a xornada do domingo. 

Ata unha ducia deles contabilizaron os servizos meteorolóxicos, que deixaron ambos estados nestas condicións: casas e urbanizacións enteiras destruídas como se fosen de papel e polo menos 23 persoas mortas. O vento, de ata 240 quilómetros por hora, contribuíu a facer da tormenta que se desatou onte a máis letal dos últimos anos.

Noticias web

04/03/2019