CRTVG

Buscar

Dous tiroteos en Washington deixan un morto e oito feridos

Publicado o 20/09/2019 17:03

A policía de Washington busca os autores do tiroteo que esta noite deixou un morto e cinco feridos a menos de tres quilómetros da Casa Branca. Media hora despois informouse doutro tiroteo con outro morto e varios feridos, aínda que se descoñece se ambos sucesos gardan relación algunha.

O primeiro dos tiroteos tivo lugar ás dez da noite, hora local de Washington, cando desde un coche comezaron a disparar sobre un grupo de xente que estaba no patio dun complexo de apartamentos.

A Policía da capital alertou de inmediato a poboación do que estaba a suceder e informaba de que podía tratarse de dous homes armados con rifles de asalto.

O tiroteo produciuse a uns tres quilómetros da Casa Branca, e deixou unha persoa morta e outras cinco feridas; dúas delas están en estado crítico, segundo as autoridades.

Media hora despois, a Policía informaba dun segundo tiroteo no outro extremo da capital que deixou outro morto e varios feridos.

De momento, descoñécense os motivos destes dous tiroteos e se hai relación algunha entre eles.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/09/2019